|
Vigo, 19 de abril de 2002.
Dunha parte, o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo Amoedo, nomeado segundo o Decreto núm. 169/1998,
do 5 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 113 do 15 de xuño de 1998.
Doutra Xulio Ríos Paredes, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
(IGADI).
Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente Convenio de Colaboración
e
MANIFESTAN
PRIMEIRO:
A Universidade de Vigo leva organizado anualmente, dentro da súa política de extensión
cultural, diversas actividades a nivel xeral, que complementan e enriquecen a súa oferta académica.
SEGUNDO:
Ámbalas dúas institucións son conscientes da importancia e necesidade das actividades científico-culturais
no marco da formación universitaria.
TERCEIRO:
En consecuencia e por todo isto, acordan asina-lo presente Convenio de Colaboración para o recoñecemento
de créditos de libre configuración, segundo as disposicións que a Universidade de Vigo teña
establecidas e de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS
PRIMEIRA:
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (en adiante IGADI), comprométese
a comunicar ó Vicerrectorado de Organización Académica a relación de cursos, contidos
e créditos. Os cursos serán validados por créditos consonte o establecido na Normativa de
Libre Elección, da Universidade de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión de 10
de febreiro de 2000 e modificada o día 2 de outubro de 2001.
SEGUNDA:
A Universidade de Vigo comprométese a outorga-los créditos de libre configuración que lle
correspondan sempre que cumpran as normas que a Universidade ten establecidas na materia. Recoñecerase un
crédito por cada trinta horas de prácticas realizadas no IGADI, con sometemento ó núm.
máximo de créditos de libre elección contemplado no Plan de Estudios.
Para estes efectos, a Universidade de Vigo, á vista da proposta realizada polo IGADI, dictará
a resolución correspondente indicando as condicións de recoñecemento.
TERCEIRA:
En toda a publicidade e difusión dos cursos farase constar o seu recoñecemento como créditos
de libre elección xunto co número de créditos recoñecidos.
CUARTA:
Noméase unha Comisión mixta de seguimento e control, constituída por un membro de cada
unha das partes, co fin de instrumentaliza-lo traballo obxecto do presente Convenio de Colaboración.
QUINTA:
Este convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura, tendo vixencia ata o 24 de setembro
de 2002, renovándose automáticamente por curso académico se ningunha das partes o denuncia
expresamente con alomenos dous meses de antelación á finalización do anterior convenio.
SEXTA:
O presente Convenio de colaboración ten natureza administrativa. As dúbidas e controversias que
se presenten na súa interpretación e execución, en caso de discrepancia, serán resoltas
por unha Comisión Mixta integrada por membros das dúas institucións firmantes deste Convenio.
E, en proba de conformidade cos termos do Convenio, as partes comparecentes o asinan por duplicado no lugar e data
expresados ó comezo.
| Pola Universidade de Vigo, |
Polo IGADI, |
| Domingo Docampo Amoedo. |
Xulio Ríos Paredes. |
|