China e o mundo chinésVolver ó índice


Socialismo “sine die”
Por Xulio Ríos (artigo publicado no xornal La Voz de Galicia o 6/3/99)

Unha nova reforma constitucional, a terceira dende 1982, centrará os principais debates do macro Parlamento chinés. No articulado ampliaranse as garantías para os sectores que emerxeron dende o inicio das reformas (campesiños, autónomos e pequenos e medianos empresarios) sen por iso alterar a propiedade estatal da terra nin a preponderancia do sector público na economía nacional. Por outra banda, procurarase adaptar a lingoaxe a un novo discurso político que pretende institucionalizar un estado de dereito.

Pero é no preámbulo donde podemos identificar as principais novidades. En primeiro lugar, Deng Xiaoping equiparase a Mao e Sun Yat-Sen, os pais da China moderna. A súa teoría dun socialismo de peculiaridades chinesas consagrarase no texto constitucional. En segundo lugar, a nova redacción afirma que China permanecerá durante moito tempo na primeira etapa do socialismo. Na redacción actual limitase a dicir que “China atópase na primeira etapa do socialismo”. En suma, que o país avanza en numerosos dominios pero o socialismo semella estar cada día máis lonxe.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 7/3/99