China e o mundo chinés
O “lobby” antichinés
Por Xulio Ríos (artigo publicado no xornal
La Voz de Galicia o 27/5/99)
As relacións chino-estadounidenses semellan vocacionadas a retroceder a golpe de conspiración. Primeiro foron os “donativos” á campaña electoral do Partido Demócrata; logo o bombardeo á súa embaixada en Belgrado, unha maquinación que tería por obxectivo sabotear as expectativas de arranxo diplomático auspiciadas polo G-8; e agora esta nova entrega da saga do roubo de secretos nucleares que promete máis dificultades nas sempre delicadas relacións bilaterais. Sexan certas ou non estas acusacións, a perseverancia do lobby antichinés de Capitol Hill está a conseguir indiscutibles éxitos na súa estratexia de presentar a Pekín como unha ameaza real para a seguridade de Estados Unidos. Algo tan evidente como que este país non acepta de bo grado deixar de pensar en China como unha potencia periférica e de segunda orde.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/5/99