China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
Riscos económicos de China
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 22/11/2010)

Versión para imprimir

 

Non é ouro todo o que reloce. Xusto agora, cando tantas gabanzas e admiracións causa o despegue económico de China, chegan noticias de que a subida dos prezos de materias moi básicas pode poñer nun risco o chamado milagre económico chinés. Le Monde do día 18 deste mes dedicoulle boa atención a este asunto.

O día 17 do corrente mes China anunciou algunhas medidas coa finalidade de conter a alza dos prezos. Nun ano, ao mes de outubro, acadou o seu máis alto nivel en dous anos, chegando a un 4,4%, se ben moitos expertos pensan, avisa o antes dito xornal,  que a inflación real é moi superior ás cifras oficiais.

Coa finalidade de calmar aos consumidores, o Goberno chinés prometeu mellorar o sistema de subvencións, controlar os prezos de venta dalgúns alimentos e combater a especulación en relación cos produtos alimenticios, que nalgunhas cidades, e nun ano, se incrementou nun 62,4%, informa tamén Le Monde.

É natural que, diante das medidas adoptadas ou anunciadas  o pasado día 17, os inversores internacionais sintan inquedanza polo impacto que poderán ter na economía chinesa as disposicións anti inflacionistas que se adopten, e non desbotan a posibilidade dun aterrizaxe brutal da segunda economía mundial.

Polo demais, sinalan tamén outros analistas que as autoridades chinesas non esqueceron, antes ben a teñen moi presente, a experienciado malestar da sociedade que tanto influíu nos acontecementos de Tiananmen de 1989, que precederon a unha suba de prezos xeneralizada, e por nada quixeran que se repetisen de novo.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta