| Igadi na Rede / China e o mundo chinés - O yuan, ¿moeda internacional? |
| O yuan, ¿moeda internacional? Xulio Ríos (ECO, setembro/2010) |
Coincidindo coa crise financeira global, China acelerou a reforma do seu sistema para converter o yuan nunha moeda internacional. Iso equivale a facer uso da moeda chinesa para facer pagos internacionais permitindo que o yuan sexa libremente convertible na conta de capital (incluíndo investimentos directos, préstamos internacionais e investimentos de valores) e convertelo nunha moeda de reserva internacional. Para consumar esta estratexia, a China quédalle por diante un longo percorrido, empezando por asegurar a plena convertibilidade da súa moeda, que non está do todo garantida, en especial no que se refire ás contas de capital debido a que iso esixe do banco central a disposición de suficientes reservas doutras moedas e que sexa capaz de comprar e vender grandes cantidades de divisas para manter as súas reservas dentro dos límites establecidos. Por outra banda, require un gran mercado de capitais doméstico para amortecer e absorber calquera impacto externo, condicións que non se cumpren aínda, segundo Hei Liping, profesor de economía na Universidade Normal de Pequín. |
|
Xulio Ríos, director do Igadi e do Observatorio da Política China (Casa Asia-Igadi). |
| 13/08/2010 (c) Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org |
| http://www.igadi.org/china/2010/xr_o_yuan_moeda_internacional.htm |