| China e o mundo chinés |
||||||||
| Trinta anos de reformas en China Xulio Ríos (AGN, 14/12/2008) |
||||||||
|
O proceso chinés ten, sen lugar a dúbidas, moitas sombras (desigualdades, desequilibrios, carencia de liberdades públicas e dereitos cívicos, crises ambientais, déficits sociais, etc) pero, a pesar de todo iso, é evidente que representa un gran éxito. En só tres décadas, China deixou de ser un país pobre e miserento para situarse como a cuarta economía do mundo. Pero non só é un éxito no económico, tamén, en boa medida, no político, como resultado da insistencia en preservar o dereito a elixir o seu propio método para acceder á modernidade. Nin o Banco Mundial nin o FMI lograron insertar aquí as terapias de shock que sacodiron os países do socialismo real, con tantos custes como coñecemos. Pequín, cunha gran visión estratéxica, aplicando gradualismo e experimentando cada paso, evitou os retrocesos, aínda que ten por diante grandes retos. As turbulencias que abanean a economía e a sociedade internacional supoñen un desafio enorme para China. Nada está cantado e pese aos vaticinios que lle auguran unha posición determinante no século en que andamos, habitan no seu interior problemas dunha gravedade tal que de non ser xestionados adecuadamente poden acabar por afectar á súa estabilidade. Tamén se pode morrer de éxito. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/12/2008 |
||||||||
|
||||||||