| China e o mundo chinés |
||||||||
| Festa da Primavera Por Xulio Ríos (AGN, 05/02/2008) |
||||||||
|
Con eses vimbios estase a construír a China do século XXI, pero os seus habitantes, sexan residentes no continente ou non, evitan dar as costas aos seus costumes máis ancestrais, produto dunha cultura rural, hoxe en retroceso como consecuencia do auxe do imparable proceso de urbanización. A intensidade con que os chineses celebran a Festa da Primavera indica ás claras o forte apego da identidade no imaxinario colectivo. Os chineses aceptan as marcas, usos, comportamentos, etc, procedentes do exterior e que acompañan o seu vertixinoso proceso de transformación, en especial no eido urbano, pero non por iso deixan de celebrar as súas tradicións, que non substitúen polas nosas, aínda que estas sexan máis globais. Mesmo entre a mocidade, que acolle con máis ímpeto as novidades que chegan de fóra, as celebracións tradicionais gozan de gran predicamento. Chegaremos nós a celebrar estas festas chinesas como nos afixemos a celebrar outras procedentes de EEUU, por exemplo? Cando o mercado vexa o negocio é probable que tamén. Mentres, a presenza de comunidades chinesas en todo o mundo seguirá contribuíndo a divulgar os seus costumes. Non obstante, cabe admitir que moitos aspectos da cultura chinesa (dende as artes marciais á ópera de Pequín) precisan aínda de intérprete para poder gozar dos seus ricos matices. O diálogo cultural entre Oriente e Occidente está dando aínda os seus primeiros pasos. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 04/02/2008 |
||||||||
|
||||||||