China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
China, escusa no Congo
Xulio Ríos (Xornal, 20/11/2008)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Laurent Nkunda; clic para aumentar
En setembro de 2007, Kinshasa e Pequín asinaron un acordo en virtude do cal, a cambio dun creto de 9.200 millóns de dólares (a librar en tres tramos), se implementaba un plan para financiar a construción de infraestruturas por parte de empresas chinesas. Como contrapartida, o Congo cedía a China 10,6 millóns de toneladas de cobre e 620.000 toneladas de cobalto. Coa escusa de que esta operación viña a agravar o nivel de endebedamento do país (cifrado nuns 10.000 millóns de dólares), o rebelde Nkunda (na foto), co apoio das grandes empresas que operan a explotación destes minerais, reclama a anulación destes contratos para deixar as armas.
 
A rebelión militar no Congo, a cargo do xeneral disidente Laurent Nkunda (co apoio, entre outros, de Ruanda), a multiplicación dos desafíos económicos, e tamén a impaciencia da poboación, están a pasar factura ao presidente Kabila dous anos despois de iniciar o seu mandato. Na base do descontento social atópase a insatisfacción polos avances logrados en esixencias elementais como a reconstrución das infraestruturas devastadas pola guerra, en estado calamitoso, carencia definida como o primeiro obstáculo para o desenvolvemento do país, e a falta de melloras tanto no clima social e político como na prestación de servizos básicos.

Precisamente, en setembro de 2007, Kinshasa e Pequín asinaron un acordo en virtude do cal, a cambio dun creto de 9.200 millóns de dólares (a librar en tres tramos), se implementaba un plan para financiar a construción de infraestruturas por parte de empresas chinesas. Como contrapartida, o Congo cedía a China 10,6 millóns de toneladas de cobre e 620.000 toneladas de cobalto. Coa escusa de que esta operación viña a agravar o nivel de endebedamento do país (cifrado nuns 10.000 millóns de dólares), o rebelde Nkunda, co apoio das grandes empresas que operan a explotación destes minerais, reclama a anulación destes contratos para deixar as armas.

Kabila prometera un Congo en paz e desenvolvido, insistindo na necesidade de pasar páxina da guerra civil e facilitar o regreso dos refuxiados. A economía medra (9,1% en 2008, segundo a previsión do FMI) e os avances na vertebración e saneamento do Estado son de difícil discusión, pero a paz atopou un novo obstáculo. China, ávida de materias primas, asegura que, ademais da minería (ouro, diamantes, coltán, que se suman ao cobre e cobalto), as súas compañías participan en proxectos de cooperación en materia médica, sanitaria e de comunicación, esforzándose por promover o progreso social e económico do país africano. Por outra banda, participa na Misión de Observación da ONU, MONUC, iniciada en 1999, que conta coa participación de 218 soldados chineses e 16 observadores militares.

A difícil tesitura de Kabila radica na aposta por unha solución de compromiso que permita acceder a novos recursos financeiros, indispensables para acadar un mínimo renacemento do país, seguir beneficiándose da asistencia chinesa sen agravar o nivel de endebedamento, e proseguir a pacificación. Empeños nobres e difíciles de cadrar que tropezan con múltiples apetitos, tan insaciables como inconfesables.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi e do
Observatorio da Política China
(
Casa Asia-Igadi).

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/11/2008
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta