China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
Un novo perigo amarelo
Por Xulio Ríos (Xornal, 17/09/2007)
 
 

  Xoguete made in China, clic para aumentar
Sería inxusto facer recaer toda a responsabilidade nas autoridades chinesas: moitos dos produtos vendidos nos países desenvolvidos son fabricados por empresas occidentais cunha marxe de beneficios tan asombrosa como inaudita é a ausencia de controis de calidade, tanto en deseño como en produción, máis rigorosos. (Foto: Xoguete “made in China”).
 
Dende mediados de agosto, múltiples informacións veñen destacando os perigos para a saúde de numerosos produtos made in China (pasta de dentes, xoguetes, etc), na súa inmensa maioría exportados a EEUU e outros países industrializados. Non é descoñecido por ninguén que moitos obxectos producidos en China son de calidade mediana ou baixa e tamén que os controis en materia alimentaria son, en moitos casos, os que cabe agardar nun país en vías de desenvolvemento. Non obstante, sería inxusto facer recaer toda a responsabilidade nas autoridades chinesas: moitos dos produtos vendidos nos países desenvolvidos son fabricados por empresas occidentais cunha marxe de beneficios tan asombrosa como inaudita é a ausencia de controis de calidade, tanto en deseño como en produción, máis rigorosos. En calquera caso, China, moi preocupada pola súa imaxe internacional, especialmente ante os Xogos Olímpicos, tomará medidas técnicas e administrativas para paliar estas carencias. Aínda así, os contornos do problema son máis amplos e exceden o limitado marco comercial e a sempre benvida protección dous consumidores.

En relación a EEUU, en China, e non soamente, calculan que o alcance mediático deste rigor aduaneiro non é inocente. Propiedade intelectual, apertura de mercados, déficit comercial, ou apreciación da moeda chinesa forman parte da axenda do delicado diálogo económico-estratéxico entre ambos países. Pero Washington non está contento cos avances e combina presión política, denuncias ante a OMC e medidas proteccionistas disimuladas. As contramedidas chinesas detalláronse entre pequenos e grandes xestos, pero nese contexto moito máis amplo. Da devolución de marcapasos ou ameazas respecto á importación de soia, axiña se pasou a argumentar a responsabilidade chinesa non sostemento do billete verde, en especial a través da subscrición da débeda estadounidense (o segundo posuidor despois de Xapón).

Estados Unidos pide a Beijing máis rapidez, pero non é só unha cuestión de velocidade, senón de complicidade. China escapáselle das mans a EEUU antes de que este poida afincala no seu patrón de conduta e escala de valores. China, en aspectos considerados clave, vai por libre e non acepta someterse ás redes de dependencia que tece Washington, o seu segundo socio comercial, a quen non incomodan as arelas produtivas de Beijing, senón a súa resistencia nacionalista. A desconfianza en amplos sectores estadounidenses afectan á defensa, ás relacións internacionais, ao marco estratéxico, etc, e claman por unha contención sen concesións.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi e do
Observatorio da Política China
(
Casa Asia-Igadi).

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/09/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta