| China e o mundo chinés |
||
| Negocios e Política Por Xulio Ríos (ECO, agosto/2005) |
||
|
Pero nesto intervén a política. Naturalmente, quen diga que política e negocios van por camiños separados é un farsante. E iso falemos dos negocios a nivel internacional ou dos que se poidan facer no meu Baiona de residencia. Non hai mundos aparte. Pero o escándalo que rodea esta operación é ben ilustrativo da febleza occidental e, en concreto, de EEUU. A Cámara de Representantes votou o 30 de xuño unha resolución (por 398 votos contra 15), demandando a Washington que interveña para impedir esta compra, amparándose na necesidade de salvagardar a seguridade de EEUU que podía estar en perigo se os “comunistas” chinos fanse co control desta empresa. Sen dúbida, se a operación fose á inversa, en EEUU non habería voces contrarias a comprar a CNOOC. Pero EEUU non está en condicións de comprar case nada. Para colmo, quen actúa de inspirador principal da operación non é o Comité Central do Partido Comunista senón Goldman Sachs, J-P Morgan Chase e Rothschild and Sons, quen aportan á empresa china consello e apoio financeiro. Donald H. Straszhein, ex economista en xefe de Merrill Lynch & Co., asegura que a compra de corporacións norteamericanas por parte de empresas chinas é "apenas o principio" e que "se barallarán cifras moito maiores nos próximos dous anos". Straszhein estima que o volume das operacións das adquisicións de empresas norteamericanas por parte de empresas chinas acercarase aos 80.000 millóns de dólares nos próximos dous anos, en comparación cos 7.000 millóns de 2004 e os 344 millóns de hai cinco anos. Os chinos non poden dicir aquilo de que o libre comercio é un conto chino, pero nós si. As loas ao libre mercado, unha vez mais, son de recibo cando se desenvolven en beneficio dos gañadores de sempre e cando non é así, intentase mudar as regras na dirección de mais conveniencia. Pasa con esta compra, pasa co téxtil, co calzado, e con todo o demais que poida xurdir, porque os roces van ser constantes nos próximos anos. O mundo rico e desenvolvido está á defensiva. E non está mal a presenza da política nos negocios, sempre que non sexa corruptora. Pero logo aceptemos tamén que outros o fagan sen por iso alarmarnos do seu nacionalismo. |
||
|
||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/07/2005 |