Acción exteriorVolver ó índice


Un referendo innecesario
Por Xulio Ríos (artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 7/11/98)

Pasaron máis de vinte anos dende que Portugal aprobou unha Constitución que incluía un claro mandato rexionalizador. A creación das rexións estaba asociada a unha concepción da profundización democrática que perseguía achegar os cidadáns á política. Eses mesmos cidadáns, cunha exigua maioría, poden hoxe baleirar de contido o mandato constitucional, mentres que para a modificación explícita e formal da Carta Magna precisarianse os votos dos 2/3 da Asemblea da República. A contracorrente dunha realidade que no contexto ibérico e europeo esixe mecanismos institucionais axeitados, no referendo de hoxe, a rexionalización pode quedar sobre a mesa e nunha dificil tesitura ocasionando unha derrota inmensa para o gabinete de António Guterres.

No debate político, a rexionalización conseguiu partir, con toda nitidez, as augas que separan a dereita e a esquerda. A oposición do PP e PSD alimentou un discurso demagóxico, cargado de dramatismo e nacionalismo, simplemente por medo ó debilitamento desa estructura de control caciquil do poder que sempre connotou o feito centralizador. De feito, se nunca se opuxeron ás Comisións de Coordinación Rexionais, en funcionamento dende 1979, foi porque os seus integrantes son nomeados directamente dende Lisboa. Se a dereita reclamou un referendo foi para desnaturalizar o mandato constitucional.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional)Volver ó índice.


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/11/98