Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio


Un proceso no vacío
Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 27/07/2000)

O fracaso das negociacións en Camp David sitúa o proceso de paz de Oriente Próximo nun dos seus momentos máis delicados. As previsións aventuraban unha nova hora da verdade para israelís e palestinos, practicamente igualados nas reticencias ante o confinamento promovido por Bill Clinton. A posteriori, sen embargo, a falla de resultados non implica o mesmo para ambas partes. Mentres Ehud Barak gaña un tempo precioso no peculiar escenario israelí, a posición de Yasir Arafat resulta menos confortable. Se agora retrocede na proclamación do Estado palestino, unha nova sombra abaneará a súa minada credibilidade. Resta como esperanza que en anteriores ocasións, éxitos cantados derivaron en sonoras derrotas cando se tratou de pasar das palabras ós feitos. Quizáis agora, este aparente fracaso motive a apertura dun novo diálogo sobre outras bases, se ben a sucesión de recriminacións mutuas das respectivas delegacións aventuran o enraizamento da crise e, quizáis, a ampliación da violencia en toda a rexión. Asi as cousas, quedan contadas opcións para que poidan moverse pezas substanciais ata despois das eleccións estadounidenses. Agora mesmo, o proceso está no vacío e a Arafat custaralle evitar que cunda a desesperación entre os seus.


Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/07/2000