Presencia
/ Asia
Timor na encrucillada
Por Xesús M. Piñeiro (artigo publicado
na revista Tempos Novos de agosto/99)
Desde a crise económica, política e social que sacudíu Indonesia o ano pasado e que desembocou na caída de Suharto, as novas autoridades de Iacarta multiplican as promesas sobre unha solución negociada do conflicto do Timor Leste (ex-colonia portugusa invadida en Decembro de 1975 por Indonesia). 24 anos despois da ocupación e tras 2 resolucións do Consello de Seguridade e 8 da Asemblea Xeral da ONU, así como 16 de negociacións entre Portugal e Indonesia, a solución ao conflicto, anque complicada, parece posible.
A pequena illa de Timor foi descuberta polos portugueses no 1490, anque a parte occidental
sería colonizada polos holandeses (1613-18). A fronteira entre a parte holandesa (occidental) e a portuguesa
(oriental) foi fixada, tras longas loitas no século XVIII, por diversos tratados (1859, 1893 e 1904). En
1942, a illa foi ocupada polos xaponeses; unha vez rematada a II Guerra Mundial a parte holandesa incorporouse
a Indonesia (1946) e a oriental seguíu baixo dominio luso ( provincia de ultramar).
Unha descolonización fallida
Coa “Revoluçom dos cravos” Portugal inicia o proceso de descolonización nos seus territorios africanos, así como deseña un proceso mimético para o Timor (Lei 7/75 de 17 de Xullo de 1975) polo cal Lisboa “reafirma o dereito do povo de Timor á autodeterminaçâo, com todas as súas consequências” (artículo 1), ante o que Iacarta afirma que o lóxico sería inha incorporación do Timor a Indonesia, se ben aclarando que respectaría a decisión adoptada polos timorenses (Encontro de Roma, 1 e 2 de Novembro). Sen embargo, nin as boas intencións de Portugal nin as boas palabras de Indonesia van ter reflexo na realidade: a feble estructura e a pouca madureza organizativa das recén nadas organizacións timorenses (a máis importante, a FRETILIN, naceu en Maio do 74 como Associaçao Social Demócrata Timorense), a enemistade entre as mesmas por consolidarse como expresión unitaria da vontade de todos os timorenses, o marco da Bipolaridade ( no que un triunfo da comunista FRETILIN supuña unha seria ameaza para a zona aos ollos dos EEUU, cando non un perigo que había que evitar a toda costa), a desibinición da Comunidade Internacional, a “cobardía” do goberno portugés,...sitúannos nun escenario no que a inestabilidade vai ser aproveitada por Indonesia.
A debilidade do poder colonial portugués e as súas propias contradiccións á hora de encarar a descolonización ( mentres o gobernador Lemos Pires apoia á UDT-Uniâo Democrática Timorense, controvertido partido timorense no que vai pesar máis o seu anticomunismo que o seu nacionalismo-, o Movimento das Forças Armadas apoia á FRETILIN) supoñen unha maior inestabilidade para o Timor.Isto vai ser aproveitado pola UDT para dar un golpe (11 de Agosto) que, segundo Ramos Horta, Prémio Nóbel da Paz e voceiro do Conselho Nacional de Resisténcia Maubere, foi sutilmente auspiciado e promovido polos servizos secretos indonesios (BAKIN) para crear un caos en Timor que xustificase unha invasión indonesia. Este golpe da UDT foi máis contra a FRETILIN e o comunismo que pola independencia (Movemento da UDT, 16/08/75).Esta situación vai ter unha dupla consecuencia:
A FRETILIN gaña a cada máis control do território o que leva aos integracionistas pro-indonesios da APODETI , armados por Iacarta, a entrar en xogo enfrontándose á FRETILIN, o que posibilita unha alianza, en principio coxuntural, entre APODETI e UDT, con Iacarta na sombra.Os acontecementos vanse precipitando e a FRETLIN proclama o 28 de Novembro a República Democrática de Timor Leste. A resposta de UDT e APODETI non se fai agardar e o 29 anuncian a integración de Timor en Indonesia. Chegou o intre esperado por Indonesia, que coa desculpa de defender Timor da agresión marxista, pon en marcha a maquinaria da invasión. Nun principio esta está prevista para o 5 de Decembro, pero a CIA pide que se atrase ao 7 para non coincidir coa visita de Ford e Kissinger a Iacrata. Cando Indonesia invade Timor (Operasi Seroja é o nome en clave da operación), o poder colonial luso (que estaba en Atauro) retírase sen ofrecer resistencia, anque denuncia a invasión e decide cortar relacións con Indonesia centrando a súa ofensiva diplomática na ONU.
O xenocidio
Coa invasión do Timor iníciase un dos xenocidios máis brutais da historia: o 30% da poboación timorense é asasinada, creanse as denominadas “aldeas de recolonización” onde a poboación é concentrada e”indonesizada”, ponse en marcha a “Guerra Final” (Perang Terakhin) para o que se desplaza a Timor a 30.000 soldados coa fin de asasinar en masa á poboación, Iacarta leva a cabo unha exportación de poboación indonesia a Timor (hoxe en día xa son o 40% do habitantes) aos que lles proporciona vivenda e traballo fixo...
Ante isto, o movemento de resistencia aposta pola unidade e fortalecemento: FRETILIN e UDT ( que pouco despois da invasión desvencéllase dela arrepiada pola brutalidade indonesia) asinan (18/03/86) un acordo “para a defesa dos intereses do povo maubere”.
¿Hacia a fin do conflicto?
Coa caída de Suharto parecen abrirse as portas a unha maior flexibilidade do rexime respecto a Timor. Así, en xaneirode 1999, o presidente Yusuf Habibie, promete respectar a vontade dos timorenses, mesmo se esta implica a separación de Indonesia, vontade que sería expresada nunha “consulta” a celebrar en Agosto de 1999. Así mesmo, Habibie tamén promete unha retirada progresiva do exército indonesio de Timor. En Maio de 1999, o Secretario Xeral da ONU anuncia un acordo sobre Timor entre Portugal e Indonesia, no cal se establece que haberá “unha consulta en ambiente de liberdade e imparcialidade” na cal o pobo timorense dirá se acepta unha autonomía dentro da Indonesia ou opta pola independencia. Este acordo contén un polémico punto no cal se establece que as cuestións de seguridade fican en mans das FFAA e a policía indonesias.
A pesares das súas promesas, Iacarta aumentou o número de efectivos do exército en Timor, ao que hai que engadir un preocupante aumento da violencia xeralizada por parte dos paramilitares pro-indonesios que ameazan cun baño de sangue se a consuta devén na independencia. Isto, xunto aos problemas existentes á hora de censar á poboación para a consulta, levou a que esta se retrse do 8 ao 21-22 do mesmo mes.
E é aquí onde a Comunidade Internacional debe presionar sobre o Goberno indonesio para que cumplan o pactado. A reticencia deste para levar adiante unha solución pacífica e demcrática en sintonía cos desexos da maioría dos timorenses debe ser superada cunha maior implicación tanto da ONU como da Comunidade Internacional en defensa dos dereitos do pobo timorense.
13/05
27/07
9/03
7/05
17/07
11/08
16/09
1-2/11
28/11
29/11
7/12
12/12
17/12
20-22/01
31/05
17/07
31/12
23/03
5/09
xaneiro
CRONOLOXÍA
1974
Creación, polo Gobernador do Timor, da Comisión para a Autodeterminación de Timor.
Publicación da Lei 7/74, a Lei da Descolonización.
1975
Reunión en Londres, entre delegacións de Portugal e Indonesia.
Inicio de conversacións sobre a Lei de Descolonización de TImor entre a Comisión de Descolonización
e os partidos timorenses.
Promulgación da lei 7/75, a Lei de Descolonización do Timor.
Golpe da UDT.
6 xornalistas australianos que acompañaban á FRETILIN son asasinados polo exército indonesio.
Encontro de Roma.
FRETILIN declara a independencia de Timor.
UDT e APODETI proclaman a integración en Indonesia.
Invasión de TImor (Dilí) polas forzas armadas indonesias.Portugal denuncia a invasión e corta
relacións diplomáticas con Indonesia.
Resolución 3485 da A. X. da ONU na que se condea a invasión.
Constitución do “Goberno Provisional” (monicreque de Iacarta) en Timor.
1976
Visita a Timor do enviado especial do Secretario Xeral da ONU, Vittorio Guicciardi.
Aprovación pola “Assembleia Representativa Popular de Timor Oriental” da integración de Timor en
Indonesia.
Proclamación, polo Parlamento indonesio, de Timor Leste como a 27ª provincia da República.
1978
Morte en combate do presidente da Fretilín, Nicolau Lobato.
1981
Saída de Timor Leste da Cruz Vermella.
1983
Acordo de alto o fogo entre a guerrilla timorense e o exército indonesio.
1989
Presentación dun Plano de Paz polo líder da resistencia timorense Xanana Gusmao.
1999
Reconñecemento por primeira vez polo goberno indonesio da posibilidade de independencia do Timor.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/8/99