PresenciaVolver ó índice / Asia


Temor en Timor
Por Xulio Ríos (artigo publicado no xornal La Voz de Galicia o 8/6/99)

O signo do resultado electoral en Indonesia é decisivo para un Timor que, paradoxalmente, presentou o máis baixo índice de inscripcións para estes comicios. Tal apariencia de desinterese é enganosa. Os mauberes son conscientes de que boa parte do seu futuro está en mans de quen resulte gañador nesta confrontación, pero tamén de que a verdadeira elección producirase o 8 de agosto, data sinalada para a celebración do referendo sobre a independencia. En Iacarta ningún dos candidatos acepta de bo grado a retirada de Timor Oriental. Ainda así, a presión internacional, o actual proceso de democratización e os necesarios acordos post-electorais que resultarán imprescindibles para encarar os graves problemas económicos e sociais do país, poden moderar tan radical posicionamento e asentar o proceso de flexibilización iniciado coa caída de Suharto. A medio camiño entre o medo e a esperanza, en Díli confíase en que a normalización democrática de Indonesia devolva a paz e a liberdade a Timor.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/6/99