Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Pre-Oslo
Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 24/10/2000)
 
Hai feitos condenables, como ese linchamento de soldados israelís, pero é evidente de que lado está a razón. Como tampouco ofrece dúbida ningunha que se alonxan as perspectivas dun acordo de paz definitivo en Oriente Medio. Arafat ten toda a razón do mundo ao reclamar un Estado para Palestina con capital en Xerusalén. Durante varias décadas, o goberno xudeu aplicou unha política de limpeza étnica que levou ó exilio a milleiros de palestinos. Tamén é hora de que poidan volver todos os refuxiados.

Pero a cuestión que agora se suscita é a posibilidade de aceptar o inaceptable, outro anticipo dunha solución aínda futura que debilite aos sectores máis agresivos da sociedade israelí, claramente en ascenso e que, de crecerse, poden provocar o retorno a unha situación pre-Oslo. Quizáis un Estado palestino si, pero cun territorio inferior ao que lle correspondería en función do peso e adscripción demográfica; cunha capital si, pero que non sexa Xerusalén polo de agora. É duro de formular, e moito mais de aceptar, pero se algo demostra a violencia destas semanas é que pola forza non se avanza noutra liña que non sexa a do sacrificio, do padecemento e das desgracias, maiormente entre os palestinos. Os israelís temen máis a paz que a guerra.
 

Xulio Ríos é director do IGADI.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2000