PresenciaVolver ó índice / Oriente Medio


Ponto final
Por Xulio Ríos (artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 14/11/98)

Nese novo “aqui me planto” de Bagdad hai aspectos que merecen reflexión. Non é admisible que a unha operación de desarme, vixiancia e verificación (UNSCOM), en funcionamento dende hai oito anos, non se lle albisque un final; nin tampouco se pode negar que a principal víctima das sancións internacionais é a propia poboación civil, e non o dictador e o seu cortexo. É inmoral baterse con Sadam Hussein sen importar o padecemento dos propios cidadáns iraquianos.

As ameazas de Estados Unidos, asumindo unha representación da comunidade internacional a todas luces discutible, nin debilitarán o réxime de Sadam, nin favorecen a estabilidade en Oriente Medio, nin benefician a credibilidade de Nacións Unidas. En definitiva, cómpre mudar de estratexia: sobran demostracións bélicas e urxen novas ideas para establecer un ponto e final a un conflicto que dura demasiado.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/98