| Presencia-Opinión |
| Parellas Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 21/11/2000) |
| A contagotas vanse "filtrando" algunhas curiosidades de Vladimiro Montesinos, o ex-asesor de Alberto
Fujimori. Que se tiña calabozos secretos debaixo das súas oficinas, que se sobornaba a mariasantísima,
levara ou non uniforme, que se andaba enrededado no narcotráfico e no comercio ilegal de armas, andanzas
todas que, ó parecer, o Fujimori non coñecía, ou asi parecía desprenderse do ansia
con que andaba na súa busca antes de dimitir. O éxito na fuga de Montesinos deu ó traste coas
manobras do Chino para solapar o fraude electoral e seguir encaramado ó poder. Os acontecementos das últimas
semanas vaticinaban a fin do réxime, a pesar de que a actitude da comunidade internacional foi ben tibia
neste caso. Perú non é Iugoslavia e mesmo a OEA chegou a mediar ante Mireya Moscoso para asegurarlle
a Montesinos un retiro tranquilo. Panamá, coa vista posta na X Cimeira Iberoamericana, rexeitou a petición
e César Gaviria quedou avergonzado. Fujimori atopou en Montesinos a súa parella ideal, incluso, parece, no desamor. Como igualmente a tivo Augusto Pinochet. Agora confirmouse o que todos sospeitaban: Estados Unidos implicouse a fondo para acabar con Salvador Allende. O caso Pinochet debería ser tamén o caso Nixon. Outra parella de temer. |
|
Xulio Ríos é director do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/11/2000
|