Presencia-Opinión
/ Iberoamérica
Oviedo, reincidindo no golpe
Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 23/05/2000)
O día 18 pola noite Paraguai sentiu o intenso frío dos sables, que pretendían fenderse nunha das democracias máis febles de Latinoamérica. Detrás dos coroneis Vladimiro Woroniecky e Martín Yegros estaba un complexo entramado no que participaban militares, xuristas, deputados, xornais, emisoras de radio e na distante sombra do exilio, o reincidente Lino Oviedo.
Luís González Macchi decretou un mes de estado de escepción para poder pescudar na maraña de fíos que tiñan tecido un sólido golpe no Paraguai, no que a democracia é un valor de segunda orde, canxeable por calquera baratixa que ofreza quiméricos vales que permitan escalar as grosas paredes da pobreza. No país guaraní a vida política é un interminable culebrón de intrigas internas nas filas do perpetuo gobernante Partido Colorado.
As voces que máis enérxicamente claman contra do estado de excepción, son as que albergan serias dúbidas sobre a súa fe democrática.
O director do Xornal ABC non cesa de proclamar que estamos diante dunha pertinaz caza de bruxas. Doído pola detención de varios xornalistas do seu periódico, elevou o ton da súa proposta, pero no Paraguai considérase a este xornal como o máis estreitamente ligado ao Xeneral Lino Oviedo.
Uns 80 militares, 22 policías, e ao menos 12 civís, entre eles catro congresistas e dous propietarios de radioemisoras simpatizantes de Oviedo, que chamaron a unirse á sublevación foron detidos entre o venres e o sábado; están entre os detidos. Moitos deles forman parte da denominada Unión Nacional de Colorados Éticos (Unace).
A pesares de negar a súa participación, moitos analistas coinciden en que os cabecillas da intentona foron, e son, caracterizados seguidores de Oviedo. Un dos civiles afectados polo decreto de excepción é o fillo de Lino Oviedo, Ariel.
As probas da organización clandestina están sendo investigadas pola Fiscalía Xeral do Estado. Nunha das súas peritaxes sobre o disco duro persoal do avogado Saguier, atopou o pronunciamento dos militares rebeldes, que fora redactado no seu ordenador o 17 de marzo.
As versións máis optimistas queren facer unha lectura positiva do acontecido, xa que este desagradable, pero incruento episodio, pode servir de vacina para inmunizar á convalecente democracia paraguaia. Pero noutro lado do prisma, tamén hai moitos que ven o futuro con lentes de vidros moi negros.
Dous días despois da saída dos tanques as rúas o xornal ABC-color sorprendía aos leus lectores cunha “oportuna” enquisa da que se desprendían resultados nada sorprendentes para os que seguen de cerca a vida política do país.
Á pregunta ¿ No goberno de que presidente, estivo mellor o país,?. O 65% dos entrevistaron decántanse polo dictador Alfredo Stroessner e só o 1% consideran ao actual Uruguai mellor que o do pasado dictatorial.
As máis de tres décadas de dictadura, e a posterior democracia ,corrupta e ineficaz, son un bo viveiro de aspirantes a golpistas.
Os datos aportados polo sospeitoso ABC están en sintonía cos publicados a semana pasada pola Folha de Sao Paulo. Nunha macroenquisa, que tomou mostras de toda Iberoamérica, tirouse a conclusión que Paraguai era o país onde a poboación se amosaba menos satisfeita do funcionamento do sistema democrático, só 31%. Por tanto, danse as condicións propicias para que personaxes coma Lino Oviedo proben sorte na anacrónica aventura mesiánica da dictadura, nunha realidade na que xa non é viable a autarquía política ou económica.
O ex xeneral Oviedo, aínda ten pendente unha condena de dez años de prisión por outra intentona protagonizada en abril de 1996. Desde o 9 de decembro pasado pasou a clandestinidade, fuxindo do confortable asilo político que acadara en Arxentina. Sobre o ex militar pesa a acusación de ter planeado e financiado o asasinato do vicepresidente da República, Luís María Argaña, perpetrado el 23 de marzo de 1999 por varios pistoleiros nunha rúa da Asunción. O fillo do finado político. Félix Argaña preséntase, agora, coma candidato do Partido Colorado á vicepresidencia da República.
O ex-xeneral prófugo, tamén aparece vinculado co negocio das drogas nun informe da DEA, no que se da conta dunha operación de narcotráfico do ano 1974 na que aparecía involucrado o ex-presidente guaraní Andrés Rodríguez.
O presidente González Macchi pretende voltar a dirixir un goberno de Unidade Nacional, tal como facía
ata hai tres meses aglutinando ao Partido Colorado, a o Partido Liberal Radical Auténtico e ao Partido Encuentro
Nacional. Pero no mes de febreiro os liberais, a 2º forza política del país, abandonaron o goberno
para pasar á oposición e deixar en precario ao tambaleante goberno de Macchi.
.
Lino Pellitero é membro do IGADI.
Enlaces relacionados:
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/05/2000