PresenciaVolver ó índice / Balcáns


¿Oposición?
Por Xulio Ríos (artigo publicado no xornal La Voz de Galicia o 9/7/99)

Occidente volta face-las beiras a unha oposición a Milosevic de máis que sospeitosa credibilidade democrática. A guerra, aínda fresca na memoria, partíu as augas da coraxe destacando nidiamente a existencia dunha única oposición, claramente alonxada do chovinismo, firmemente solidaria cos albaneses de Kosovo e comprometida a fondo na loita contra a autocracia. Nada en común coa "oposición" dos Draskovic e Djinjic, solidarios coa limpeza étnica de Milosevic e Seselj. Esa oposición auténtica, entre a que cabe citar ó sindicato independente Nezavisnost e a organización Mulleres de Negro, son quen merecen todo o apoio material e moral e os únicos que cren verdadeiramente na necesidade de por punto e final ó pesadelo da Gran Serbia.

Xulio Ríos é director do IGADI. Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/7/99