| Presencia-Opinión |
| Montenegro, a ofensiva pola independencia Por Xulio Ríos (Canal Mundo, 07/11/2000) |
|
Arrecia o debate político e social en Montenegro a propósito da independencia. “Un Estado común de Serbia e Montenegro non pode basearse nun principio de igualdade sabendo que os montenegrinos non representan máis que un cinco por cento da poboación total”, afirma o académico Miodrag Perovic. Pero o argumento demográfico non é o único. Diferentes autores, diferentes visións, discuten vivamente en Podgorica sobre o futuro do seu país, mentres Belgrado acrecenta o seu protagonismo internacional para facer ver a propios e estraños que agora, sen Milosevic, todo pode ser distinto cos seus veciños. Unicamente por libre vontade da maioría dos cidadáns poden abrirse vieiros para a vertebración dunha nova alianza iugoslava. Sen embargo, os montenegrinos inclinanse por desoír os cantos de serea de Belgrado e as mensaxes de Washington e Bruxelas e colocan sobre a mesa as diferentes razóns que fundamentan a súa aspiración:
Con estes argumentos, numerosas voces reclaman a soberanía para Montenegro e o seu ingreso na ONU como un Estado de pleno dereito. Non parece, sen embargo, que a “comunidade internacional” vaia acoller de bo grado esta reivindicación, en primeiro lugar, porque a secesión de Montenegro fará máis difícil aínda a supervivencia de Kosovo nun marco estatal máis amplo. En Podgorica proponse un exército común, con comandancias separadas; unha moeda compartida que non sexa o dinar; e unha política exterior converxente nos temas en que haxa confluencia. Esta proposta foi cursada a Kostunica, quen rapidamente se apresurou a recuperar o asento en Nacións Unidas e nas demais instancias internacionais, mentres o Presidente Djukanovic pedía a todas elas que demorasen o retorno de Iugoslavia en tanto non se clarifique o futuro da Federación. Ninguén parece moi disposto a facerlle caso. De non contestar adecuadamente, algunhas fontes anuncian xa un referendo de independencia en Montenegro para despois das eleccións serbias do 23 de decembro. Pero a decisión non será doada. Como evidenciaron o primeiro ministro, Filip Vujanovic, e o presidente do Parlamento, Svetozar Marovic, que visitaron a Kostunica por conta propia para tratar do futuro da Federación, cun punto de vista distinto ó de Djukanovic, presidente do país, é prognosticable unha importante fractura no seo da coalición gobernante. |
|
Xulio Ríos é director do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/11/2000
|