| Presencia-Opinión |
| Iliescu Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 28/11/2000) |
| En Rumanía todo está aínda por facer. Os dez últimos anos caracterizaronse polo agravamento
da situación económica e social e o marasmo político. Nin os partidos, nin a sociedade, nada
evoluciona aquí, todo semella ir a contratempo. Apadriñada por Occidente como Iugoslavia en tempos
da guerra fría, agora, no vermello do descalabro, nada invita ao optimismo en Bucarest. Os comicios do pasado
domingo simplificaron a elección entre o malo e o pior, entre Ion Iliescu, presidente entre 1990-1996, e
Vadim Tudor, un demagogo ultranacionalista e antigo adulador de Ceaucescu. A alianza vencedora nos comicios de
1996, unha coalición de cristiano-demócratas, liberais, e outros partidos menores, incluída
a minoría húngara, dicíase chamada a impulsar unha segunda revolución, pero todas as
presas se lle foron en dilapidar un notable capital de confianza social. Máis ca nunca, a sociedade rumana
viralle as costas ás institucións. Iliescu non convence en Occidente polo seu inmobilismo e autonomía. Servíalle petróleo a Milosevic nos anos de vixencia do embargo internacional contra Belgrado. Pero un trunfo de Tudor podería desestabilizar boa parte da rexión con consecuencias inmediatas para Hungría e Moldova. E dos conflictos dos Balcáns aínda sen concluír poderíamos pasar, sen apenas pausa, aos conflictos dos Cárpatos sempre a punto para emerxer. |
|
Xulio Ríos é director do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/11/2000
|