PresenciaVolver ó índice / Oriente Medio


Desarmar a Sadam Husein
Por Xulio Ríos (artigo publicado en Vieiros o 19/11/98)

O cambio de táctica anunciado por Washington en relación ó contencioso con Sadam Husein, ó igual que a política de fustigamento militar, ben puidera estar condenado ó fracaso. Se o que Estados Unidos pretende é derrocar ó líder de Iraq (un Estado soberano con todas as limitacións que se queira), a intelixencia desaconsellaría a reiteración de operacións de zapa contrarias á legalidade internacional e de dificil éxito e, pola contra, a firme aposta por unha normalización da vida do país que, necesariamente, pasaría polo progresivo levantamento das sancións. A diminución do apoio popular a Sadam e o favorecemento de fórmulas políticas alternativas sempre resultaría máis doado restandolle argumentos no seu enfrontamento co exterior.

O sentimento antioccidental medra en todo o mundo árabe en parello á parcialidade con que Estados Unidos actúa en relación a outros conflictos de Oriente Próximo. A negativa de Riad, aliado clave de Washington na zona, a permitir a utilización das súas bases para bombardear Bagdad é ben ilustrativa do paulatino traslado desa percepción á acción política. Un efecto asi podería medrar de non calcular ben todas as consecuencias dunha actuación equívoca no Iraq.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/11/98