PresenciaVolver ó índice-Opinión / Iberoamérica


De golpe civil a golpe militar
Por Xulio Ríos (La Voz de Galicia, 20/05/2000)

O xornalista arxentino Mariano Grondona cuestionábase recentemente no diario La Nación a lexitimidade do réxime democrático paraguaio. En marzo de 1999, os disturbios provocados polo asasinato do vicepresidente Argaña obrigaron ó presidente “oviedista” Raúl Cubas Grau a renunciar e exiliarse no Brasil, en tanto que Oviedo refuxiábase na Arxentina de Menem. O Presidente do Senado, Luis González Macchi, asumiu, daquela lexítimamente, a presidencia vacante. Así estaba previsto na liña constitucional de sucesión; pero logo conseguiu que a Corte Suprema habilitarao para seguir no cargo ata a fin do prazo legal do mandato de Cubas Grau. Para o próximo 13 de agosto estaba prevista a elección democrática dun novo vicepresidente, que deberá substituir a Luis María Argaña, pero ninguén chamou ás urnas para elixir ó Presidente.

¿Golpe civil? Esa pretensión de alongar a permanencia, cando o normal sería convocar novas eleccións con toda urxencia, afirma Grondona con razón, coloca un grave interrogante á lexitimidade democrática de González Macchi. Poida que finalmente “non pase nada”, como aventuraba Walter Boer, o ministro do Interior.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/05/2000