PresenciaVolver ó índice / Balcáns


Bosnia, quebradizo futuro
Por Xulio Ríos (Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 25/09/98)

De confirmarse os vaticinios, a victoria dos sectores croatas e serbios máis radicais nas eleccións celebradas na Bosnia-Herzegovina pode representar un duro revés para o futuro multiétnico desta peculiar “entidade” estatal, suscitará maiores cuestionamentos sobre a lexitimidade do actual entramado institucional carcomido pola acción de forzas opostas á súa consolidación e, unha vez máis, explicitará a precariedade da paz nos Balcáns.En suma, que tres anos despois dos acordos de Dayton as espadas seguen en alto.

No fundamental, os perigos de fragmentación étnica de Bosnia subsisten por dúas razóns. Primeira, a activa presencia en toda a zona dos líderes máis radicais dos diferentes bandos enfrontados debido a unha deficiente aplicación dos acordos relativos ó perseguimento dos criminais de guerra. Segunda, as múltiples carencias do proceso de retorno dos refuxiados. Pauline Neville-Jones, xefa da misión británica en Dayton, sinalaba recentemente que hoxe en Bosnia hai máis persoas desprazadas que ó final da guerra. Sen o seu regreso difícilmente poderá xulgarse normalizada a situación ou asentar bases sólidas para unha paz duradeira.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/9/98