PresenciaVolver ó índice / Balcáns


As saídas do labirinto
Por Xulio Ríos (Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 31/8/98)

Sobreviva ou non Ieltsin á actual crise política, as opcións que se presentan no futuro inmediato de Rusia poderiamos reducilas a tres. Primeira, un goberno de salvación nacional con participación significativa das principais forzas políticas. Segunda, unha alianza Chernomirdin-Lebed, marxinando ós comunistas. Terceira, un pacto con Ziuganov, excluindo a Lebed. Se as coalicións, todas transitorias e precarias, deben construirse sobre un programa económico, en apariencia, as coincidencias serían maiores con Lebed que con Ziuganov, pero este controla a Duma. Probablemente, tanto o FMI como os poderes económicos locais considerarán menos mala a segunda opción. Ó seu favor está tamén a extrema volatilidade dos deputados rusos. Soamente asi pode comprenderse que un liberal como Kirienko obtivera no seu día o visto e prace dun Parlamento teoricamente controlado polos comunistas.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 7/9/98