PresenciaVolver ó índice / Balcáns


As formas da paz
Por Xulio Ríos (artigo publicado na revista Tempos Novos de febreiro/99)

Se nos alonxamos dos principais extremos, é dicir, a independencia ou a integración en Albania, soño explicitado polo ELK e que tantas reticencias provoca no exterior; e a simple configuración, sen matices, dentro da provincia de Serbia, son varias as opcións que caben aínda. En primeiro lugar, a recuperación dunha ampla autonomía, servindo a de 1974 unicamente como punto de partida. En segundo lugar, a refundación de Iugoslavia, equiparando o status de Kosovo ó de Serbia ou Montenegro. A conxelación do contencioso, como fórmula transitoria en tanto non se acada unha solución definitiva, podería materializarse cun acordo parcialmente semellante ó de Chechenia-Rusia ou o establecemento dun protectorado internacional que asegure a desmilitarización, o regreso dos refuxiados e a fin da limpeza étnica. Sexa unha ou outra a fórmula resultante, a evolución pacífica da zona esixirá da Europa comunitaria a definición de estratexias de integración que permitan o avance de fórmulas asociativas no complexo entramado balcánico, máis alá dos focos inmediatos de tensión.

Xulio Ríos é director do IGADI e coautor de “O conflicto dos Balcáns” (Ir Indo edicións).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/2/99