PresenciaVolver ó índice / Rusia


A agonía do Presidente
Por Xulio Ríos (artigo publicado en Vieiros e no diario La Voz de Galicia o 28/10/98)

Os ultimos tempos de Ieltsin seméllanse cada vez máis ós derradeiros días de Brezhnev ou Chernenko. Daquela, para que non se fatigaran en exceso, as sesións do Politburó non duraban máis de quince ou vinte minutos. A pesar dos cambios, Rusia segue atada a ese pasado soviético non soamente pola orixe da maior parte dos seus principais líderes, senón igualmente por esa inaudita capacidade para manter un enfermo desahuciado no cume do poder ou a asombrosa opacidade sobre a magnitude real da súa doenza.

Ninguén hoxe é capaz de asegurar quen goberna en Rusia nin en que dirección se orienta. A fraxilidade do poder federal facilita o empoderamento dos territorios que nalgún caso mesmo chegaron a establecer postos fronteirizos. A extrema gravedade da situación económica e social demanda unha clarificación do panorama político que permita a formulación dun proxecto, socialmente lexitimado, para sair da crise. Rusia non pode agardar impávida o definitivo final do seu Presidente.

Xulio Ríos é director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/10/98