| Acción exterior |
||||||||
| Asimetrías Xulio Ríos (ECO, 04/2011) |
||||||||
O retroceso é un dos eixes que vertebran o diagnóstico do Informe sobre a Acción Exterior de Galicia 2011 elaborado a instancias do IGADI contando coa colaboración dun abano plural de especialistas en diferentes áreas. En realidade, tal como nel se argumenta, ese retroceso non é resultado exclusivo da crise. Diría máis, o que esta esixiría é todo o contrario, habida conta que, como advirten unanimemente diferentes observadores, no exterior non soamente está a orixe parcial da crise senón igualmente, en boa medida, a súa solución. Pero a crise, aquí e entre nós, é aproveitada para xustificar un amplo e incomprensible recorte nunha política pública que hoxe é esencial para acompañar outras dimensións da internacionalización que parecen “inocuas”, falemos do eido económico ou da aprendizaxe de linguas estranxeiras, ambas igualmente necesarias. Non obstante, e pese a que no imaxinario civil goza dun descrédito non sempre merecido, a acción exterior é un piar clave na estratexia de supervivencia de calquera entidade posta ao día. Esta sería unha ocasión de ouro para dignificala. No caso dunha entidade subestatal, comunidade autónoma ou nacionalidade como a nosa, é primordial, e debe abordarse de forma simétrica, ponderando a importancia de tecer redes que fomenten a internacionalidade dos diferentes segmentos que conforman o país. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2011
|
||||||||
|
||||||||