Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Un Iraq sen futuro
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 30/09/2010)

Versión para imprimir

 

Sempre foi cousa sabida que os invasores non só se propuxeron destruír o país, senón que nos seus plans estaba tamén deixalo capado para moito tempo. Sempre se soubo que a eliminación da súa intelectualidade foi ben programada, con moita eficacia, polos invasores.

Hoxe coñecemos, grazas ao Tribunal Brussells, e outros, as listas de intelectuais iraquís asasinados, dos ameazados e secuestrados e dos que tiveron que padecer diversas humillacións dos invasores. A lista dos primeiros, ao 30 de agosto último, é de 448 científicos desaparecidos e dos que nunca máis se soubo. Os segundos chegan a 79 e os terceiros a 120.

Non hai país no mundo que se poida soerguer dunha demouca tal. A brutalidade dos invasores non foi só co pobo do Iraq: con frialdade no seu cálculo, o invasor soubo dende o primeiro momento que a mellor maneira de destruír o país, para apropiarse del e dos seus recursos, era facer rodar as súas cabezas mellores. Como se ve, fíxoo con grande eficacia.

Aínda hai que engadir os fuxidos de tan bárbara represión: pénsase que nunca máis van volver ao seu país. Sen esquecer, como escribiu William Blum, que “máis da metade da poboación ou ben morreu ou está ferida, traumatizada, no cárcere, desprazada no interior ou exiliada no estranxeiro... O aire, a terra, a auga, o sangue e os xenes están contaminados con uranio empobrecido... padecen as máis espantosas eivas de nacemento... no chan hai bombas sen explotar, á espera de que os nenos as collan”.
Se o presente do Iraq mesmo dá arrepío, o seu porvir non pode máis tétrico.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/09/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta