Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Obama no día despois
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 08/11/2010)

Versión para imprimir

 

Non hai a menor dúbida: Obama recibiu un bo tirón de orellas, como era esperado.  Pero tamén haberá que ter moi claro que as eleccións non foron gañadas polo Partido Republicano senón pola economía e o alto desemprego.  Por iso moitos analistas pensan que non houbo viraxe para a dereita.

¿Pode gobernar Obama, isto é, levar adiante o seu programa de pequenas reformas tendo unha tan clara minoría na cámara de representantes? Hai tamén analistas que pensan que, deica agora, o partido da oposición se limitou a dicir non a todo, cousa que en diante non poderá facer porque agora ten responsabilidades de goberno.

É certo que, tendo en conta a maioría que os republicanos conseguiron, ben poderían paralizar o Goberno. Iso, din outros analistas, non o quere a maioría dos demais partidos, que o que desexan  é un goberno de traballo que dea seguridade para a xubilación, protección dos consumidores, investimentos en infraestruturas, pero non baixar impostos aos ricos, subsidios para certas empresas ou privatización da Seguridade Social.

Tamén se di que pode que a política económica de Obama non teña sido agresiva dabondo diante de intereses moi fortes e ben asentados. Agora terá que ter moi presente que nos últimos trinta anos quedaron conxelados os ingresos dos traballadores e da clase media mentres que os do 1 por 100 dos máis ricos creceron nunha porcentaxe astronómica.

Terá que explicar tamén algo moi importante: por que fracasaron, e van seguir fracasando, as políticas conservadoras. Non é tan difícil explicalo con claridade.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/11/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta