Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Escravitude de hoxe
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 14/10/2010)

Versión para imprimir

 

A axencia de noticias Inter Press Service (IPS) deu conta hai uns días do Segundo Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, que tivo lugar a fins do mes pasado en Puebla, a uns 129 quilómetros da Cidade de México. É duro o que conclúen: “Non hai interese dos estados, non é unha prioridade” (refírense á prostitución e demais medios de explotación de persoas).

Só se avanzou, di algún dos participantes, nalgunhas formalidades legais, pero non na realidade, e pon como exemplo que cando “se atende a unha vítima iniciase un proceso penal, pero non hai sentenza porque hai impunidade. O consumidor, léase o prostituínte ou o violador, non está captado na fórmula”.

Cada ano, só en México, unhas 20.000 persoas serían vítimas da trata, e en  América Latina unhas 250.000, cuns beneficios para as bandas de 1.350 millóns de dólares. As Nacións Unidas xa advertiron que esas actividades foron a máis nos comezos deste século.

O anfitrión do Congreso, reitor da Universidade Iberoamericana de Puebla, David Fernández Dávalos, dixo que  o tráfico de persoas é a versión contemporánea e especialmente maligna da escravitude de antano, pero moito máis oculta e disimulada”. E o negocio moito máis lucrativo hoxe do que onte.

¿Por que esta forma tan perversa de escravitude, aínda en países avanzados, non é unha prioridade política? Supoñemos que porque hai escuros intereses que o impiden, non porque sexa imposible a súa eliminación. A  dignidade da persoa humana configura varios dereitos fundamentais. Pero só no papel, non na realidade.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/10/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta