Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Eleccións municipais en Francia
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 18/03/2010)

Versión para imprimir

 

Nas eleccións municipais dos días 14 e 21 deste mes, os franceses confían no fracaso electoral de Nicolas Sarkozy. A prensa parece non poñer en dúbida o resultado adverso para este. Só a porcentaxe de votos, moi importante para medir a magnitude do fracaso, é merecente de dúbidas.

Dise que o partido da maioría perdería Alsacia e Córcega; o cesamento de François Fillon é agardado para despois das eleccións –a súa popularidade amola tanto a Sarkozy que o pon fóra de si- e outros cambios importantes son agardados se se produce un fracaso electoral para o partido que goberna.

En realidade, o que se espera é un severo voto de castigo á política de Sarkozy, cada vez máis impopular entre os franceses. E hai que recoñecer que nisto son expertos, como corresponde a un país con vellos usos e maneiras democráticas, sen ben é certo que algunha vez se pasaron na magnitude do castigo.

Pénsase nunha ampla vitoria do PS como freo para a política do Goberno, como dixo Lionel Jospin. Pero ¿está a esquerda en condicións de ser unha alternativa diante do partido gobernante? Non o parece. Pero vaise beneficiar dunha boa parte dos votos da dereita que quere castigar ao partido.

Todo un síntoma: os homes do partido de Sarkozy procuran non falar deste nin de cuestións como a identidade nacional ou a inmigración e concéntranse nas de saúde, desemprego ou agricultura, como din en Le Monde do día 8 deste mes Sophie Landrin e Arnaud Leparmentier. E o propio partido gobernante non oculta que espera un castigo forte e con consecuencias.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta