Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica/ Cuba
De Fidel a Raúl
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 20/12/2010)

Versión para imprimir

 

A contundencia de Raúl Castro non pode ser maior: ou cambiamos ou nos afundimos, a risco de acabar co traballo de varias xeracións. Por certo que, entre as causas do mal que están as cousas, citou varias pero non vexo que se refira ao chamado “bloqueo” da illa. Toda unha novidade.

Fálase na prensa de que a apertura á iniciativa privada é imparable. Pero o problema é outro: como dixo o Ministro de Economía, Marino Murillo, o Estado non ten recursos para garantir o abastecemento dos produtos e materias primas aos “cuentapropistas” a prezos de maioristas.

Alugar as casas ou, os que residan no estranxeiro, os seus vehículos, a posibilidade de pedir créditos ao banco para comezar negocios (cando o Estado carece de recursos para que isto sexa unha realidade),  permitir o traballo asalariado, algunhas descentralizacións... non semellan grandes cambios para poder saír do tobo.

A prensa informa tamén de que o tema económico é o único que está na axenda para ser tratado no VI Congreso do Partido previsto para a segunda quincena de abril, onde se espera que sexan autorizadas as pequenas e medianas empresas e as cooperativas, aínda que sexa ”bajo el ojo atento del Estado”.

Nin sequera un capitalismo ao xeito chinés, baixo o férreo control do Partido. En calquera caso, haberá que agardar a que se celebre ese VI Congreso para ter unha idea do que verdadeiramente se poderá conceptuar como cambios. Do que se trata, como dixo Raúl, non é de cambiar ou de substituír o socialismo senón de poñelo ao día. Non será pouca moral a que precisa.
 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta