Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia/ Asia
Afganistán resiste
Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 01/07/2010)

Versión para imprimir

 

En febreiro deste ano, James Cowan, comandante das forzas británicas en Helmand, dixo que a operación Moshtarak, destinada a atacar aos talibáns nos seus tobos, marcará o camiño do final da insurxencia en Afganistán. A ben medida cautela británica é visto que non é unha virtude de Cowan.

Catro meses despois o optimismo minguou e xa se recoñece que a operación en Kandahar vai máis lenta do que se agardaba. Despois de ter anunciado ao mundo, á maneira de Hollywood, a “grande ofensiva da OTAN”, baixaron os fumes e as forzas de ocupación foron esnafrándose contra a realidade.

E non só militarmente, senón tamén moralmente: os continuos erros da aviación da OTAN, as mortes de civís, alporizan con toda a razón ao pobo afgán. O mesmo Hamid Karzai tivo que lembrarlle aos ocupantes  que “non todos aqueles que usan turbantes  e prendas locais son membros do Talibán”. Así andan as cousas.

Por outra banda, ao día de hoxe, Afganistán, de ser o primeiro produtor de opio do mundo, estase convertendo nun significativo consumidor de droga. Algo que, sumado á pobreza do país e á desmoralización da guerra, leva á sociedade a non ver futuro, aínda tendo as inmensas potencialidades que o país ten.

E aínda así, o país resiste. E pode facer capitular ao exército máis sofisticado e poderoso do mundo. Tanto é así que Nir Rusen, un dos poucos xornalistas que conseguiron infiltrase en territorio dos talibáns, asegura que estes están collendo máis e máis territorio cada día. Estase facendo realidade, pois, o dito de que “en Afganistán ninguén gaña”.

 
Xosé Luís Franco Grande é escritor.
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Asia



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/07/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta