Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
A extrema dereita axexa
Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 27/08/2010)

Versión para imprimir

 

Austria, Bulgaria, Dinamarca, Holanda, Hungría e Suecia son países europeos nos que en moi poucos anos a ultradereita acadou representación parlamentaria. É natural que o fenómeno preocupe aos demócratas e que as explicacións do mesmo difiran ou se opoñan. E noutros –Suíza, por exemplo- danse manifestacións ultra preocupantes.

As medidas de Sarkozy contra os xitanos, apoiadas pola metade dos franceses,  teñen aparencias de política de extrema dereita. E en Italia, a Liga do Norte, que apoia a Berlusconi, propón medidas moi semellantes ás francesas, incluída a prohibición do uso público do burka.

É claro que as distintas medidas de Sarkozy, máis que a unha ideoloxía de ultradereita, son debidas a unha estratexia electoral ao ver que a súa popularidade mingua. É un problema de recadación de votos, non unha ideoloxía política. En Italia a política é Berlusconi, e con iso está todo dito.

¿Hai hoxe risco en Europa de que a extrema dereita chegue ao poder ou que haxa que contar con ela para formar goberno? Trátase, en xeral, de partidos moi pequenos, e, nalgúns casos, van parar á ultradereita votos que pertencen a outras opcións políticas, que os emiten como protesta.

Parece fóra de dúbida que a UE conta con institucións e cun marco xurídico aos que están sometidos os gobernos que a integran que nos levan a responder negativamente á pregunta do parágrafo precedente. Por agora, pensamos que é así.  Mañá será outro día.



 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/10/2010


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta