| Presenza-Opinión |
||||||||
| Xapón: rupturas na política “hereditaria” Masashi Oki (igadi.org, 15/06/2010) |
||||||||
|
Durante moito tempo, a política xaponesa estivo dirixida baixo o sistema hereditario, ata logo da denominada “democracia entregada”1, iniciada a partir de 1945. Polo tanto, o carácter hereditario foi a condición común para a maioría dos sucesivos primeiros ministros xaponeses, así como de moitos líderes políticos. No entanto, o recentemente nomeado primeiro ministro Naoto Kan é o primeiro en non ter carácter hereditario. Kan puxo ao seu gabinete o nome de “gabinete de Kiheitai” (nome dunha milicia voluntaria conformada por diferentes clases sociais ao final de Era de Edo) e dixo que a palabra que simboliza o seu gabinete é a de “político nacido en grassroots (raíces de céspede)”. O certo é que non só Kan senón que case todos os ministros do seu gabinete tampouco son hereditarios. Hai só un ministro hereditario, Hiroshi Nakai, presidente da Comisión Nacional de Seguridade Pública. Nos últimos días, é frecuente observar nos medios de comunicación xaponeses a publicación de numerosas noticias sobre o carácter “des-hereditario” do actual gabinete nun país que considera como algo normal que o primeiro ministro e os membros do goberno sexan ocupacións hereditarias. O goberno “hereditario” A continuación ofrécese unha lista das principais familias políticas con carácter hereditario en Xapón, cuxos sucesivos primeiros ministros gobernaron durante a denominada “Era de Heisei” desde xaneiro de 1989 ata agora. Dentro desta concepción hereditaria da política, especifícanse os casos en que un político, ministro ou parlamentario teñen na súa familia a membros que ocuparon igualmente estes cargos. Polo tanto, o ex primeiro ministro Yoshiro Mori, cuxo pai e avó foron alcaldes durante moito tempo pero que non foron parlamentarios, non se lles considera como “hereditarios”. - Naoto Kan, 94º primeiro ministro desde xuño de 2010 ata agora, non é hereditario. - Yukio Hatoyama, 93º primeiro ministro desde setembro de 2009 ata xuño de 2010. Na Era de Heisei, máis da metade dos primeiros ministros tiveron carácter hereditario. Recentemente, o sistema hereditario vense sometendo a duras críticas porque os últimos primeiros ministros hereditarios abandonaron o seu cargo sen completar os seus respectivos períodos. Moitas críticas orientáronse a cualificalos de “febles” porque non cumpriron completamente coas funcións outorgadas a estes cargos. As críticas esténdense ao sistema hereditario dos parlamentarios. Na Cámara Baixa hai 86 deputados hereditarios. Aínda que se diminuíu o número de parlamentarios hereditarios logo da elección xeral en 2009 (había 125 en 2005), aínda un 18% ocupan estes cargos na Cámara Baixa. O problema é que co sistema electoral vixente é difícil que gañe un candidato novo. Moitos comentan en Xapón a necesidade de que todo candidato deba posuír as “Tres Ban” para gañar a elección: “JiBan” (organización de apoio como asociación de partidarios, empresa ou sindicato); “KanBan” (candidato moi coñecido); e “KaBan” (fondos políticos e electorais). Os candidatos hereditarios teñen a vantaxe previa de “JiBan” e “KaBan” porque cando un parlamentario elixido nun distrito electoral dimite, a súa asociación de partidarios e a organización rexional do partido no seu distrito electoral normalmente presentan outro candidato de carácter hereditario. Outros candidatos teñen tamén “KanBan” pola popularidade da súa familia. Esa é a razón pola que se orixinou un movemento cuxa finalidade é limitar este tradicional sistema hereditario. Neste sentido, o Partido Democrático de Xapón revisou os seus estatutos en 2009, prohibindo o feito de presentar candidaturas hereditarias no mesmo distrito electoral do parlamentario que é parente dentro de tres graos de consanguinidade e que vai dimitir ou mudarse2. Aínda que a liberdade de elección asegúrase baixo a Constitución, a limitación do sistema hereditario é difícil de levar a cabo, o cal pode constituír unha negación da democracia. Con todo, pode considerarse democrático o feito de preservarse o carácter hereditario no cargo de primeiro ministro? O actual primeiro ministro Kan explica que “se un mozo ten unha ambición e esfórzase a pesar de crecer nunha familia normal, pode despregar unha actividade notable no mundo político. Isto é precisamente a democracia no propio sentido da palabra”. No entanto, a liberdade de elección de carreira debe asegurarse á persoa procedente tanto da familia “normal” como da familia “especial”. O feito de que existen moitos parlamentarios hereditarios na Cámara é o resultado da elección xeral, que é unha vontade do pobo. Polo tanto, o primeiro ministro foi designado polos parlamentarios, é dicir, é tamén unha vontade indirecta do pobo. No entanto, isto soamente constitúe unha discusión de igualdade de oportunidades. En verdade, non se asegura completamente a igualdade de oportunidades pola vantaxe previa de “Tres Ban”. Con todo, a realidade explica que, para ser político en Xapón, é máis importante posuír os “Tres Ban” que a capacidade, a calidade ou a política proposta polo candidato. Pero esta situación evita a fluidez dos políticos na Cámara Baixa e a reforma do conservador sistema político imperante, estorbando así o xurdimento dos necesarios liderados alternativos e fortes.2 Partido Democrático de Japón: http://www.dpj.or.jp/news/?num=16180
|
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 16/06/2010
|
||||||||
|
||||||||