Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos/ Estados Unidos
Un liderado de novo tipo
Xulio Ríos (AGN, 25/01/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Barack Obama no discurso de investidura; clic para aumentar
No discurso de investidura de Barack Obama quedaron reflectidos os principais contornos da súa futura política.
 
No discurso de investidura de Barack Obama quedaron reflectidos os principais contornos da súa futura política. Del se desprende a existencia dunha clara vontade de cambio cunha intensidade que vai depender non soamente da progresiva plasmación do seu programa senón da envergadura, certamente histórica, dos problemas que deberá encarar. A combinación de ilusión e esperanza, pero tamén de pesimismo, que expresan moitos estadounidenses revela tamén certa conciencia sobre a encrucillada en que se atopa o país, cun futuro complexo que pode afectar ao propio benestar dos seus cidadáns, e non só das súas multinacionais ou exércitos. Precisará moita habilidade Obama para superar en positivo tantas frontes abertas.

A ruptura con Bush e o seu legado é o dato máis contundente de todos, pero non bastará para convencer da profundidade da súa proposta. Non se trata de regresar a Clinton ou a Kennedy, senón de actualizar, segundo dixo, os alicerces mesmo da nación americana nun mundo novo. Obama dixo estar disposto a asumir o liderado estadounidense no planeta, pero para iso deberá ofrecer un liderado diferente, de novo tipo, receptivo ao parecer dunha opinión pública internacional que respecta o peso da súa economía, pero que condena de forma rotunda os innumerables excesos da política estadounidense. Admitir que a diplomacia e a cooperación, e non a forza e a imposición, é o camiño para afirmar ese liderado é un bo comezo, que agora haberá que confrontar coa práctica. Esa coherencia na defensa das liberdades públicas e do impulso á negociación pode restarlle impopularidade a Washington en máis dun escenario. O peche de Guantánamo, a retirada de Iraq e a promesa dun maior diálogo poderían facilitar o afianzamento das estratexias multilateralistas, as únicas que hoxe poden ser útiles para afrontar os desafíos da sociedade internacional. Pero haberá que ler a letra pequena.

O segundo aspecto que se desprende do seu discurso é o peche dunha das eras máis conservadoras da política estadounidense, a que arrancou xa con Reagan, baseada no acurralamento expansivo do poder público, abrindo as cancelas dos espazos comúns a un poder privado depredador e irresponsable. As alusións de Obama ao sistema educativo, aos límites do mercado, apuntan a unha reivindicación necesaria do papel e tutela do poder público. A relación entre o goberno e a economía debera verse afectada establecendo novas regras de xogo. Para ben de todos.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/01/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta