| Presenza-Opinión |
||||||||
| Sen tempo que perder Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 17/02/2009) |
||||||||
|
A euforia do resultado non debera levar a Chávez a perder de vista a experiencia doutros proxectos formalmente emancipadores e relativamente recentes que acabaron con máis pena ca gloria. Nunca é tarde para vacinarse contra o dogmatismo nin para sinalar ben as fronteiras dun proceso que debería procurar esa nova síntese pendente entre xustiza, igualdade e liberdade, sen esas presas mesiánicas que todo o poden envelenar. O desequilibrio en calquera das tres variables porá coto seguro á supervivencia do experimento por moito que se pretenda ad eternum. Esta vitoria de Chávez reafirma igualmente o seu liderado radical nunha rexión na que outros líderes máis moderados e con similar proxección global (como Lula ou Bachelet) preparan xa as súas despedidas, deixándolle a vía expedita para consolidar unha alianza alternativa nunca vista antes en América Latina. Na Habana, este triunfo en Caracas engade unha achega de gran valor en horas difíciles, dando máis folgura e azos para imaxinar os cambios que non dan chegado. Aquí non hai presa. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 17/02/2009 |
||||||||
|
||||||||