| Presenza-Opinión |
||||||||
| Os novos desafíos de Chávez Xulio Ríos (AGN, 22/02/2009) |
||||||||
|
Non obstante, outras probas, non electorais, poden complicar o mandato de Chávez nos próximos anos e afectar á estabilidade do seu goberno. En primeiro lugar, os efectos da crise financeira internacional que operou unha drástica redución dos prezos do petróleo no mercado mundial, engadindo dificultades a unha Venezuela que depende en sumo grado dos ingresos da exportación do cru. Consolidar os avances logrados en materia de loita contra a pobreza, de redución do desemprego, de mellora dos dereitos sociais a todos os niveis, etc, representa un desafío de primeira importancia para manter e afondar a súa política de reformas. En segundo lugar, a xestión da súa propia vitoria fronte a unha oposición cada vez máis compacta e que regresará, con máis ou menos forza, a unha Asemblea nacional que debe renovarse próximamente. Canta menos flexibilidade no discurso de Chávez maiores probabilidades terá de incentivar a cohesión dunha oposición esencialmente unida polo rexeite ao presidente e a súa política e que pronto contará no foro parlamentario. Por último, a relación con EEUU. A Administración Obama cualificou o referendo como un “proceso plenamente democrático”, unha chiscadela que dá a entender o seu desexo de establecer unha relación normal e positiva con Chávez. O eloxio resulta excepcional e raro habida conta a teimosía de Chávez en opoñerse á intervención de Washington nos asuntos latinoamericanos e en esforzarse por facer realidade a soberanía e a independencia da rexión. Despois de Chávez expulsar ao embaixador estadounidense, a administración Bush retrucou coa expulsión do embaixador venezolano en setembro de 2008. Unha situación que a curto prazo podería non só reconducirse senón tamén reorientarse adecuadamente. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 22/02/2009 |
||||||||
|
||||||||