Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Os apuros da Merkel
Xulio Ríos (AGN, 13/09/2009)

Versión para imprimir

 

A chanceler Anxela Merkel encaraba con certa tranquilidade os comicios xerais do 27 de setembro que deben definir o rumbo do goberno alemán nos próximos catro anos. Non obstante, o revés sufrido nas eleccións do 30 de agosto, sobre todo nos estados federados de Sarre e Turinxia, apurou os prognósticos e todas as posibilidades están abertas. Segundo o barómetro ofrecido polas eleccións rexionais, a baixa dos demócrata-cristiáns é rendabilizada polos liberais e pola nova esquerda representada por Die Linke e integrada por socialdemócratas e ex comunistas. A chamada de atención que supoñen estes resultados aumentou o nerviosismo nas filas conservadoras dada a reducida vantaxe de Merkel sobre o SPD, apenas uns puntos segundo revelan as enquisas, e a insistencia da líder alemá en manter a estratexia de calma e de énfase nos éxitos acadados en materia de xestión dos efectos da crise no país. Segundo as estatísticas da UE, a principal locomotora da economía continental está saíndo do impasse.

Fronte á hipótese inicial dun escenario baseado na reedición da “gran coalición” entre conservadores e socialdemócratas ou a máis preferida, cos liberais do FPD, a opción dun entendemento entre o SPD, os Verdes e a Esquerda a nivel federal non se pode descartar de todo, aínda que ninguén mentará en firme esta colaboración post-electoral para non facilitar munición aos conservadores con argumentos engadidos para xustificar a mobilización do electorado ante a hipotética inminencia dunha “marea vermella” no último minuto. O SPD ven descartando a posibilidade de formalizar unha alianza deste signo, que xa funciona nalgún estado.

Pero o principal desafío para os grandes partidos alemáns é a mobilización do electorado. Nas filas conservadoras botan en cara a Merkel a aceptación de todo tipo de compromisos cos socialdemócratas cando agardaban dela outra cousa, que fose unha especie de M. Thatcher á xermana. Nas fileiras socialdemócratas, as críticas pola aceptación da redución do gasto social e a reforma laboral fan difícil a recuperación da súa base electoral. As novas da reactivación económica pode capitalizalas a CDU, pero as próximas dúas semanas poden ser decisivas. A campaña, importa.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/09/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta