Presenza-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presenza/Nacionalismos occidentais / Nacionalismos occidentais
Mortos en tempo de paz
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 15/03/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Prensa británica faise eco dos asasinatos do 7 de marzo; clic para aumentar
Os asasinatos constitúen un revés para o proceso de paz pero, sobre todo, para as autoridades de Irlanda do Norte, que viñan reivindicando a asunción dun maior papel nas misións policiais no seu espazo xeográfico, unha cesión sempre delicada para Londres. [Foto: A prensa británica faise eco dos asasinatos do 7 de marzo en Irlanda do Norte, reivindicados polo IRA Auténtico].
 
As tres mortes violentas rexistradas esta semana en Irlanda do Norte confirmaron tanto a capacidade dos grupos disidentes do IRA para poder seguir actuando como, paradoxalmente, a súa total marxinalidade política. Lamentablemente esta última pouco conta á hora de convencelos de que os ataques e os atentados contra membros das forzas de seguridade dificilmente lograrán a retirada absoluta dos británicos, argumento principal para xustificar os asasinatos. Máis do 90 por cento da poboación apoia o proceso de paz. Sen fendas, o IRA e os lealistas protestantes condenan estas accións e respectan o acordo político que preceptúa compartiren o poder. O salto cualitativo desta semana abre incógnitas respecto ao escenario futuro, pero son conscientes diso. Ata agora, estes grupúsculos limitábanse a axustes de contas e guerras intestinas, pero o cambio de obxectivo pode deparar mudanzas nas regras de xogo e suxerir medidas politicamente incómodas como ese anunciado regreso de máis forzas de seguridade británicas. O espectro do atentado de Omagh (1988) obriga a multiplicar as cautelas.

Os asasinatos constitúen un revés para o proceso de paz pero, sobre todo, para as autoridades de Irlanda do Norte, que viñan reivindicando a asunción dun maior papel nas misións policiais no seu espazo xeográfico, unha cesión sempre delicada para Londres. Este fracaso pode cuestionar ese empeño, abrindo camiño a unha nova avaliación das medidas de seguridade e a un probable debilitamento das súas capacidades neste eido, vitais, por outra banda, para asentar e dotar de contidos sólidos o proceso de paz e combater eficazmente nos dous planos (policial e político) os grupos violentos.

Todos saben que esta disidencia, minguada pero decidida, leva a unha canella sen saída. Non obstante, pode aínda facer moito dano. A sabendas diso, os intentos, que os houbo recentemente, de abrir unha negociación que permitira aproximar posicións políticas non deberían abandonarse de todo, se ben semella que a estratexia imperante nas barricadas exclúe de forma deliberada a política, considerada totalmente incompatible coas actividades propiamente militares. Pura ira, pois.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Nacionalismos occidentais



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta