Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Israel e o voto de Obama
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 08/02/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Barack Obama en Al-Arabiya; clic para aumentar
O goberno que saia das urnas deberá acomodar a súa acción política aos desexos dun presidente que, a contracorrente das teses israelís, ambiciona recompoñer os lazos de Washington co mundo árabe-musulmán. Na entrevista concedida recentemente á cadea Al-Arabiya (foto), Obama falou das súas orixes musulmanas e do empeño en demostrar que os estadounidenses non son os inimigos do mundo árabe.
 
Tel Aviv asoma novamente a unha canella de difícil saída. A probable vitoria de B. Netanyahu nas eleccións do vindeiro martes pode agravar as discrepancias co novo equipo de Obama, moi necesitado dun urxente reinicio do proceso de paz. O goberno que saia das urnas deberá acomodar a súa acción política aos desexos dun presidente que, a contracorrente das teses israelís, ambiciona recompoñer os lazos de Washington co mundo árabe-musulmán. Na entrevista concedida recentemente á cadea Al-Arabiya, Obama falou das súas orixes musulmanas e do empeño en demostrar que os estadounidenses non son os inimigos do mundo árabe. O enviado especial para Oriente Medio, George Mitchell, leva na súa carteira a vella consigna de “paz por territorios”, fundamento inescusable de calquera hipótese de reanudación efectiva do proceso.

Se algo caracteriza a vida política israelí dos últimos anos é a súa fragmentación e progresiva dereitización. Un sistema electoral que establece unha proporcionalidade absoluta entre votos recibidos e asentos na Knesset acaba inducindo unha atomización do mapa político que obriga a formar maiorías coas pequenas formacións ou grandes alianzas cos rivais. Por outra banda, o resultado da guerra contra Hamas presenta un balance globalmente contrario ao perseguido: o movemento está máis fortalecido e lexitimado no interior e, peor aínda, existe unha maior disposición internacional (na UE e en EEUU) a abrir negociacións directas con Hamas. De pouco vale ter acabado cunha vintena de xefes militares, incluídos tres dos seus principais comandantes. Netanyahu oponse á paz e á creación dun Estado palestino e pode vencer baseándose nesas premisas en pleno auxe triunfal da campaña de Gaza capitaneada por uns competidores abocados a esta ofensiva como medida desesperada para evitar esa vitoria. Pero no día despois deberá moderarse e mudar de linguaxe e de prioridades para seguir contando co apoio financeiro, militar e político da nova Administración estadounidense.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/02/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta