| Presencia-Opinión |
||||||||
| Fin do embargo? Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 19/04/2009) |
||||||||
|
Fidel sinalaba o pasado 6 de abril nunha das súas Reflexións que Cuba “non ten medo a dialogar con EEUU”. A visita recente dunha delegación de congresistas confirma a existencia dunha clara corrente en favor da mellora das relacións bilaterais. Medios políticos, empresariais e académicos, pero tamén boa parte da opinión pública estadounidense, amósanse a favor dun cambio de política cara Cuba. Toda América latina, hoxe, mellorou as súas relacións con Cuba, condena o mantemento das medidas de forza e reclama a fin do distanciamento. Washington estaría máis só ca nunca á hora de defender as políticas excluentes en relación a La Habana. Cómpre aproveitar este momento histórico con políticas construtivas de ambas partes e medidas concretas que privilexien o diálogo e permitan buscar un novo camiño. A normalización pode levar anos e non será doada de abordar en máis dun aspecto tendo en conta a intensidade das longas diverxencias tradicionalmente existentes entre Cuba e EEUU, pero a confrontación demostrou sobradamente tanto a súa ineficiencia como que non leva a ningures. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 15/04/2009 |
||||||||
|
||||||||