Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Fendas comunitarias
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 04/01/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Vaclav Klaus; clic para aumentar
Co horizonte da celebración duns novos comicios europeos e o previsible incremento da tensión en Ucraína, a axenda de Praga inclúe o impulso das negociacións a un novo alargamento (neste caso, aos Balcáns Occidentais) e do acordo de asociación con Rusia, o relanzamento das relacións cos EEUU de Obama, e a ratificación do Tratado de Lisboa, asunto delicado tendo en conta que o presidente checo Vaclav Klaus (na foto) é un declarado detractor do mesmo, chegando a consideralo “insignificante” e “imposible” de ratificar.
 
A UE deixa 2008 con mal sabor de boca. Pensabamos que a falta de capacidade para desenvolver unha acción exterior eficiente, tan esencial nos tempos que vivimos, podía ter, cando menos, certa compensación na facilidade de coordinación das súas economías dado que, a fin de contas, a UE tiña máis que demostrada a súa vontade e capacidade para funcionar como un mercado homoxéneo e unificado, con políticas consensuadas de principio a fin nos eixes básicos. Pero a crise financeira, coa subseguinte resposta fragmentada dos países membros, abalou esa idea dando a impresión de aparente desorde e confusión. A tardía coordinación, anunciada en París en outubro, deixou paso á recesión na eurozona e ese escenario incidiu de novo en que os diferentes países buscaran camiños propios para estimular as respectivas economías. Con Alemaña indo por libre e deixando importantes decisións en carteira para a reunión de primavera dos ministros de finanzas, a UE segue a perder credibilidade e abrindo grandes interrogantes sobre a solidez da súa unidade.

Achegará a presidencia checa algunha solución? Non parece que dispoña nin dos medios nin das intencións. Co horizonte da celebración duns novos comicios europeos e o previsible incremento da tensión en Ucraína, a axenda de Praga inclúe o impulso das negociacións a un novo alargamento (neste caso, aos Balcáns Occidentais) e do acordo de asociación con Rusia, o relanzamento das relacións cos EEUU de Obama, e a ratificación do Tratado de Lisboa, asunto delicado tendo en conta que o presidente checo Vaclav Klaus é un declarado detractor do mesmo, chegando a consideralo “insignificante” e “imposible” de ratificar. Agora xa non será tan así, mesmo no seu propio país, onde está pendente aínda de aprobación, pero o pouso queda. A maiores, a revolta grega e o debate sobre a xornada de 65 horas semanais pon de novo de actualidade o inevitable debate social nun contexto de afondamento da crise económica que en maior ou menor medida terá repercusións notables en todos os países da Unión.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/01/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta