| Acción exterior |
||||||||
| De costas ao mundo? Xulio Ríos (GZnación, 21/08/2009) |
||||||||
|
Como é posible que a estas alturas o Bloque organice as súas comisións de traballo e non haxa ningunha relativa a asuntos internacionais, europeos ou calquera outra connotación análoga? Somos un país no mundo e unha forza política como o Bloque non pode permitirse o luxo de concibir a súa política de costas a el. Ademais, non só precisa seguir o acontecer mundial e conformar opinións fundadas sobre o mundo contemporáneo e as súas tensións, provocando debates que incrementen a conciencia interna sobre o valor e transcendencia desta cuestión, bastante feble aínda, senón que é fundamental atraer as persoas interesadas, formar equipos, especializar por áreas e preparar recursos humanos capacitados para enriquecer a política exterior galega, sexa dende a oposición ou dende o goberno, dende a acción autonómica, estatal ou municipal, sectorial ou xeral. O Bloque, en coherencia coa honrosa e estrañada tradición universalista do galeguismo, debería liderar en Galicia as políticas de inserción internacional do país, pero, como vai facelo con tan crónica e desalentadora estreiteza de miras?
|
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 21/08/2009
|
||||||||
|
||||||||