Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Abril decisivo para Sócrates
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 26/04/2009)

Versión para imprimir

 

A crise, as relacións de Sócrates co presidente da República, ou as sospeitas sobre a conduta do primeiro ministro na aprobación dun investimento en Alcochete (caso Freeport) investigado pola policía inglesa, condicionan a axenda política portuguesa. O primeiro ministro José Sócrates conseguiu nos últimos meses calmar o descontento dos profesores e a contestación interna liderada por Manuel Alegre, pero está lonxe aínda de encarreirar os desafíos políticos que lle agardan nos próximos meses ata o confronto presidencial de 2011.

O Banco de Portugal ven de sinalar unha previsión de contracción do 3,5% da economía portuguesa neste exercicio, a maior quebra dos últimos 31 anos, aproximándose ao valor histórico de 1975. Ademais, identificou a existencia de dous millóns de pobres en 2006. O desemprego atinxe o 8,3% e as noticias de empresas a fechar son o pan de cada día. O presidente da República, Cavaco Silva, é claro na apreciación crítica da forma en que o Goberno está a responder á crise. As relacións entre Cavaco e Sócrates están en horas baixas. O número de vetos políticos presidenciais a leis aprobadas pola maioría socialista indica que a relación institucional está ben lonxe da cooperación estratéxica que ambos enunciaran como modelo a seguir. Entre Belén e S. Bento os respectivos intereses partidarios pesan cada vez máis e ninguén o disimula.

En febreiro último, Sócrates foi reeleito secretario xeral do PS cunha maioría esmagadora que lle proporcionaba un renovado caudal de lexitimidade para encarar os próximos procesos electorais: europeas, municipais e presidenciais. O líder portugués é consciente de que se está a iniciar un novo ciclo político e que o resultado dos comicios de xuño próximo vai indicar a tendencia para as eleccións restantes. O que está en xogo é a supervivencia da maioría socialista no poder e a posible entrada nunha fase de decadencia que alentaría a recandidatura de Cavaco Silva, opción que o PS tratará de evitar a  toda costa.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/04/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta