| Presenza-Opinión |
||||||||
| A seguridade alimentaria Xulio Ríos (AGN, 01/02/2009) |
||||||||
|
Ante estas expectativas, cómpre lembrar que no cumio da FAO de xuño pasado, os estados ricos comprometeronse a doar 20.000 millóns de dólares para afrontar este problema, pero, a día de hoxe, soamente foron desembolsados 200 millóns. En escasas semanas atopáronse sumas cen veces maiores para afrontar a crise económica global e tapar os buratos das grandes multinacionais e entidades financeiras ao borde da bancarrota. Segundo os cálculos da FAO, a produción de alimentos debería duplicarse antes de 2050 para poder alimentar a unha poboación de 9.000 millóns de persoas, o que esixe construír unha nova orde mundial para a agricultura e superar as distorsións derivadas dos subsidios agrícolas, os aranceis aduaneiros e as barreiras técnicas ao comercio, así como a desigual distribución dos recursos para a axuda ao desenvolvemento. No cumio de Madrid díxose a pasada semana que os países ricos non poden esquecer agora as súas promesas e ter en conta a seguridade alimentaria á hora de tomar as súas decisións políticas, pero todo indica que as turbulencias e a volatilidade dos mercados financeiros vanse alargar, o cal agravará as perspectivas. Poda que os prezos dos alimentos baixaran nos mercados mundiais, pero a moitos países non chegaron esas reducións. Ao contrario, o que está a minguar é o poder adquisitivo das familias de ingresos baixos ou medios, quedando en situación de risco e abocados á mal nutrición polo consumo crecente de alimentos máis baratos e baixos en nutrientes. Vivimos enriba dun volcán. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2009 |
||||||||
|
||||||||