| Presenza-Opinión |
||||||||
| A Grecia dos Papandreu Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 08/10/2009) |
||||||||
|
Giorgos Papandreu continúa a estela familiar e acentúa o carácter dinástico da política grega, dende hai corenta anos en mans de tres grandes familias políticas que se reparten o poder de forma alternativa. Faino cunha vitoria que lembrou en Atenas o cambio que se produciu en 1981 da man do seu pai, Andreas, quen soñaba daquela con retirar a Grecia da OTAN. Cunha maioría tan aplastante que ata sorprendeu aos institutos de sondaxe, o novo primeiro ministro vai ter as mans libres para gobernar sen necesidade formal de chegar a pactos coa oposición, o cal multiplica a súa responsabilidade para atopar solucións á grave crise do país helénico, circunstancia que está na raíz da convocatoria anticipada destes comicios. Non obstante, Papandreu non disporá de ningún período de gracia. Os primeiros 100 días de reformas concretas que prometeu na súa campaña, cun calendario preciso, agardan un cumprimento sen escusas por parte dunha poboación irritada e desesperada cunha situación que non deixa de deteriorarse. O nivel desemprego pode achegarse ao 20% o ano próximo, cunha quinta parte da poboación vivindo por debaixo do limiar da pobreza. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 08/10/2009
|
||||||||
|
||||||||