| Presenza-Opinión |
||||||||
| A elección de Venezuela Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 15/02/2009) |
||||||||
|
Unha derrota de Chávez obrigaríalle a buscar urxentemente un herdeiro capaz de disputar con éxito os comicios de 2012. É unha elección difícil tanto pola complexidade natural de atopar un sucesor viable e con posibilidades como polo crecente despertar dunha oposición, moi fragmentada aínda pero motivada e mobilizada en extremo con múltiples apoios e solidamente decantada. Nas últimas semanas, Chávez foi erosionando a vantaxe inicial do NON cunha fortísima campaña e cesións intelixentes como a ampliación das posibilidades de reelección a gobernadores, alcaldes e deputados ou a presentación da iniciativa como un dereito da cidadanía (e non só do presidente) a elixir a quen considere oportuno cantas veces queira. Co apertado resultado que aventuran as enquisas, a clave pode residir no voto oculto, unha incógnita na que centra as esperanzas unha oposición que tamén comprendeu o carácter decisivo deste plebiscito. A vitoria de Chávez conlevará unha probable radicalización do proceso político co propósito de asegurar a súa plena irreversibilidade, un empeño que paradoxalmente podería frustrarse tanto pola cuestionada racionalidade dalgunhas políticas como pola excesiva dependencia do proxecto da súa propia e discutida figura. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2009 |
||||||||
|
||||||||