Acción exterior Volver a TitularesVolver a Acción exterior
Non é un mundo para nenos
Tino Santiago (Xornal de Galicia, 06/03/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  O submarino nuclear Le Triomphant; clic para aumentar
Curiosamente, 27 anos despois, cando o noso sistema político conta con medios e recursos inimaxinables a principios dos oitenta, o grave incidente nuclear protagonizado a principios de febreiro entre un submarino nuclear británico e outro francés pasó case desapercibido. Que nos pasou? [Foto: O submarino nuclear francés Le Triomphant, que colisionou co británico HMS Vanguard].
 
15 de setembro de 1981. Océano Atlántico. “Aquí ou pesqueiro Xurelo, a todas as embarcacións que escoitan. Dirixímonos á fosa mariña onde dous barcos holandeses, ou Louise Smiths e ou Kristen Smiths, van deitar residuos radioactivos. Vimos non nome de Galicia, vimos non nome de todos vos pobos que queren a paz e un progreso que non destrúa a natureza... Ou Atlántico é un sinal de identidade para Galicia e un símbolo de vida para todos vos pobos. Non queremos que ou convertan en símbolo de morte”.

Este é un fragmento da mensaxe que emitía a radio do Xurelo hai pouco máis de 27 anos amentas navegaba polo Océano Atlántico. Só pasaron 27 anos pero talvez sexa necesario recordar que, naquel momento, as nacións “civilizadas” vertían os residuos das súas centrais nucleares na Fosa Atlántica, a pouco máis de 300 millas das costas de Galicia. De feito seguen alí: unhas 150.000 toneladas. Desde Galicia, un pequeno grupo de activistas dun partido xa desaparecido, Esquerda Galega, e da Sociedade Galega de Historia Natural embarcáronse nun palangreiro de Ribeira, o Xurelo, para denunciar aos dous barcos holandeses que ían a verter 6.800 toneladas de residuos nucleares. Esquerda Galega conseguiu que o rexeitamento aos vertidos fose un dos temas centrais da axenda política da recentemente nada autonomía galega e no ano 82, á Fosa Atlántica foron dous barcos fretados polos Concellos de Vigo e A Coruña, houbo encadeamentos en Xibraltar e Bruxelas, etc... En 1983, o “Convenio de Londres” acordou suspender os vertidos temporalmente, moratoria que se converteu en prohibición 10 anos despois.

Foi o primeiro conflito internacional contemporáneo protagonizado por Galicia. Foi algo novo porque as vellas fronteiras estatais xa non eran suficientes para protexernos, de feito, nin os estados foron os actores principais senón que tiveron que compartir protagonismo cunha ONG internacional, Greenpeace, e unha comunidade política “subestatal”, a neonata autonomía galega.

Curiosamente, 27 anos despois, cando o noso sistema político conta con medios e recursos inimaxinables a principios dos oitenta, o grave incidente nuclear protagonizado a principios de febreiro entre un submarino nuclear británico e outro francés pasó case desapercibido. Que nos pasou?: esquecémonos da política.

Cando redacto esta columna non sei que partidos estarán no goberno e cales na oposición, non importa. A todos haberá que recordarlles a cita que usou Obama na súa toma de posesión: “chegou a hora de deixar ao carón as cousas infantís”, pois nin eles, os americanos, nin nós vivimos nun mundo para nenos.

 
 

Tino Santiago.

 
Volver a TitularesVolver a Acción exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta